E hoxe, despois de pasalo moi ben (fixemos o top 40 dos monstros galegos) cos rapaces de 4ª, 5ª e 6ª do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón, de Dodro, fun visitar o Pozo Bastón, no río Te, en Araño.Ten unha lenda fermosísima que conta o fallido ritual de desencantamento das tres fillas dun mouro.
Alí están aínda mergulladas as tres irmás, e estarán ata que se lles acabe o encanto, polas malas mañas do desencantador.
Escoitade o runxido da fervenza do Pozo Bastón.
0 comentarios:
Enviar um comentário