2.3.09

O día despois

Hai que volver a empezar.
É coma unha maldición. Por unhas ou por outras sempre estamos nas mesmas: tropezar e caer, tropezar e caer...
A dereita goza de salvoconduto para cuestións éticas e morais. Xa lles supón esa apego á comenencia, xestionan moi ben a corruptela, amañan coma ninguén asuntos de favores e recomendacións... En cambio, a esquerda, para unha vez que chega a pisar as alfombras, colle rumbos imprevistos, desorienta a votantes e afíns, e para colmo, envalentona á dereitona máis rancia que se tira aos colexios electorais coma se crese na democracia.
Hai que volver a empezar, coma sempre; a ver se desta nos erguemos ata chegar á maioría de idade.

0 comentarios: